Un Rotogal Boiro solvente saca o triunfo como local diante do Eivisa (3-0)
Publicado o 31/01/2021 11:34
O Rotogal Boiro venceu na súa pista diante do Eivisa, e tamén por tres sets a cero. Os galegos impuxéronse por un tanteo de 25-18, 25-17 e 25-23, e seguen coa súa tendencia de alternar vitorias con derrotas, o que lles permite vivir tranquilos na zona media da táboa.