CRTVG

Buscar

Un ribeirense dispara as alarmas entre os veciños ao disparar unha pistola de simulación

Publicado o 27/05/2021 14:35

O barullo e un disparo a primera hora da mañá espertaron abruptamente aos residentes na urbana de Ribeira. Cando se asomaron ás ventás o que viron foi un veciño cunha pistola disparando ao aire. Acendéronse todas as alarmas e unha patrulla da Garda Civil e varios axentes da secreta achegáronse á zona para acordoala ante o temor de que no interior da vivenda se encontrara unha persoa armada. 

Este incidente non foi algo illado. Os veciños din estar fartos dos constantes conflitos que os residentes desta vivenda xeran na zona. A casa é un punto de compravenda de drogas, polo que as pelexas e o constante ir e vir de xente danse diariamente. Xa non aguantan máis e solicitan que se incremente a vixilancia ante o aumento da conflitividade. 

Noticias web

27/05/2021