Un revisor da ORA devolve un cheque en branco que atopou nunha rúa de Santiago
Un veciño de Santiago encontrou na rúa un cheque asinado e co importe en branco. Lonxe de acabar de cubrilo para tentar facerse cuns cartos extra, foillo devolver ao banco.
O home traballa de controlador de parquímetros e estando de rolda pola zona vella de Compostela colleu do chan un papel que era un pagarei ao que só lle faltaba poñer a data e a cifra do seu valor.
Púxose ne contacto co banco ao que pertencía e entregoullo. Na entidade bancaria xa estaban a xestionar a anulación dese documento.
Segundo nos dixeron no banco, aínda que non fose así, non sería doado que o banco soltase cartos polo pagarei sen máis. Aínda que se tratara dunha cantidade de diñeiro pequena, adoitan facer as comprobacións pertinentes para asegurar que o pagamento é correcto. En todo caso, sempre está a gravación de vídeo onde quedaría a imaxe do estafador.