"Un reto profesional e unha festa para os maiores que vacinamos"
Publicado o 18/01/2021 14:38
Todo un reto para elas e unha festa para os maiores que atenden. Son tres das enfermeiras encargadas da vacinación dos nosos maiores nas residencias e tamén do persoal sanitario que está en primeira liña fronte á covid. Din que os usuarios dos centros reciben a vacina como auga de maio.
Ofrecéronse voluntarias recibiron a correspondente formación para administrar a vacina. Todo un reto e unha responsabilidade.
Os equipos de vacinación están divididos por distritos sanitarios e seguen un protocolo único para actuar de xeito eficaz nestes centros de maiores, que sufriron os gromos máis dramáticos nesta pandemia.