CRTVG

Buscar

Un restaurante de Viveiro ofrece cestas de picnic que leva onde o cliente desexe

Publicado o 11/07/2021 18:17

Con mantel, bolsa para o lixo e bebidas frías. Un pícnic ao que só lle falta a comida, e de eso tamén se ocupan neste restaurante. É un servizo ideado por un hostaleiro de Viveiro, que bautizou coma ACDC: a comer de campo.

O cliente ten que pagar unha fianza a maiores de 30 euros polas cestas, unha cantidade que logo recupera cando as devolve. O servizo inclúe todo o imprescindible para gozar o aire libre.

As cestas pódense recoller no establecemento ou ben pedir que llas leven a onde sexa o pícnic, porque de AC DC pódese gozar en calquera escenario.

Un servizo con tódalas prestacións que tamén se ofrece no restaurante que a mesma cadea ten en Ribadeo.

 

Noticias web

11/07/2021