Telexornal Mediodía
Un recente estudo amosa a dificultade de desconectar do traballo nas vacacións
Publicado o 16/07/2018 15:10
Son vostedes dos que desconecten do traballo nas vacacións? Ou seguen pensando nel? Pois atendan porque un recente estudo afirma que esquecerse do traballo, de forma plena, durante as vacacions é beneficioso, pero tamén complexo.
Todo o ano esperando as ansiadas vacacións para logo non desfrutalas de forma plena. Moitas persoas son incapaces de desconectar dos seus traballos nos períodos de descanso, algo que a pesar de semellar complexo para alguns, pódese lograr con pequenos cambios.
Ademais diso, reducir o acceso ás redes sociais ou non consultar tanto a hora poden ser efectivos xunto con outros xestos.
Como ven, solucións sinxelas e non moi custosas que poden facer das nosas vacacións o descanso soñado.