CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Un raposo vai cear todos os días a un restaurante de Rianxo

Publicado o 12/09/2017 14:31
En Rianxo hai un raposo que vai comer ao restaurante.
O animal achégase cada noite a un mesón de Araño para que o dono lle dea a súa ración de churrasco. E dálla. Así que non é de estrañar que Monchiño, como lle chaman ao animal, collese confianza coa xente e, aínda que tamén come no interior, el é máis de cear na terraza.




A este mesón situado en Araño, Rianxo, chegou unha noite de agosto un cliente nada habitual e que estableceu unha grande empatía con Carlos, o dono do establecemento.

É un raposo que cada noite vai cear ao mesón, entre as dez e as once, e sen reparar con que haxa máis ou menos xente.
INSERTO.
1.45 a 2.06.....21
2.22 a 2,30,.... 8
7.03 a 7.28.....25
Carlos está desexando que chegue a noite para que veña Monchiño. Di que este raposo é máis de churrasquería que de asaltar galiñeiros.
6.50 ....
5.01 a 5.18...17
O mesoneiro tenlle tanto cariño a este singular cliente, que está desexando que veña cear.
6.33 a....
6.50 ......
2,44 a 3.01...21
Carlos di que o raposo Monchiño é xa un máis da casa e que se unha noite non vai o bota de menos. Pero preocúpalle máis a próxima tempada de caza.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí