CRTVG

Buscar

Un raposo entra a roubar nun tanatorio de Lugo

Publicado o 18/11/2019 15:48

Un raposo entrou á cafetería do tanatorio Serfuja nas Gándaras de Lugo, e fíxoo cun obxectivo claro: roubar os churros que quedaran colgados na porta.

Os responsables viron extraño que faltasen eses churros e pensaron que alguén entrara alí de noite, xa que a semana pasada xa intentaran roubar. Con esa hipótese revisaron as cámaras de seguridade e foi entón cando descubriron o verdadeiro ladrón.

Jorge Balado é o responsable do tanatorio e hoxe falou coa Radio Galega sobre este simpático acontecemento.

"Na bolsa debía haber dúas ducias de churros", comenta Jorge. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí