CRTVG

Buscar

Un rapaz de 14 anos fai o testamento o mesmo día do seu aniversario

Publicado o 10/01/2020 14:43

Ata esta notaría de Betanzos acudiu o menor de 14 anos o mesmo día do seu aniversario. Foi acompañado do seu pai, pero o rapaz tiña as cousas claras.

Os 14 anos é a idade mínima establecida polo código civil, pero os galegos acostuman facelo a idades máis ben tardías.

Para os notarios, casos coma este tamén son excepcionais. Os requisitos que estabece a lei para poder facer un testamento é igual para todos, dá igual que sexa aos 14, os 18 ou os 90 anos. Pero deixar en documento oficial as últimas vontades pode supoñer vantaxes económicas.

Aínda así, sempre se poderá modificar o testamento cantas veces se queira. O único válido será o último.

Noticias web

10/01/2020