CRTVG

Buscar

Un rapaz confesa o crime do que acusaban ao seu pai

Publicado o 02/01/2020 20:15

En Carlet, Valencia, un rapaz de 14 anos confesa un crime do que estaba acusado seu pai. A Garda Civil arrestouno e entregouno á Fiscalía de Menores. Sucedeu o día de Nadal. O pai do rapaz discutiu cun veciño e quedou ferido nun ollo. Pouco despois o veciño apareceu morto con sinais de violencia. Nun primeiro momento, os axentes detiveron o pai pero finalmente o fillo confesou que fora el quen matara o veciño.

Noticias web

02/01/2020

Máis sobre actualidade