CRTVG

Buscar

Un rabaño de ovellas pasta na Casa de Campo de Madrid para previr incendios

Publicado o 26/03/2019 20:37

A Casa de Campo de Madrid ten dende hai uns días unhas novas veciñas. Un rabaño de ovellas pasta moi preto do centro da cidade. Teñen amais un labor de prevención de incendios. Xa as coñecen como as "ovellas bombeiras".

Están aí, ao pé da grande urbe. Unhas catrocentas ovellas pastan dende hai días en plena Casa de Campo. Comen a herba, fertilizan a terra, e axudan á prevención de incendios limpando as zonas por onde pacen.

Ata o 2008 había rabaños de ovellas na Casa de Campo, unha tradición que agora se tenta recuperar. Amais do labor de limpeza e prevención, as ovellas, unha raza autóctona da serra norte de Madrid, fertilizan o terreo, contribúen á biodiversidade e achegan o mundo rural á gran cidade.

Calquera cidadán pode apadriñar por 30 euros unha destas ovellas. Unha forma de recuperar os preto de 6.000 euros que a cooperativa Los Apisquillos tivo que pagar ao Concello de Madrid para poder utilizar a Casa de Campo.




 

Noticias web

26/03/2019