CRTVG

Buscar

Un queixo de Chantada recibe o premio ao mellor queixo azul de España

Publicado o 25/04/2019 19:53

Unha queixería de Chantada deu a sorpresa en Madrid ao recibir o premio o mellor queixo azul de España. Elaborado con leite de vacas que só comen pasto, é un queixo artesanal de sabor intenso e untuoso.

Os catadores do concurso de queixos do Salón Gourmet celebrado en Madrid elixiron un queixo azul elaborado artesanalmente en Chantada como o mellor de España na súa categoría. É o Savel, da queixería Airas Moniz.

Ana Vázquez, queixeira de Airas Moniz"Recibir este premio supón poñernos no escaparate de toda España como medalla de ouro de queixos azuis. Obviamente ten repercusión".

Hai lista de espera para conseguilo. O queixo ao que máis se parece é o famoso Stilton inglés, pero o de Chantada é máis intenso e ten carácter propio.

Ana Vázquez, queixeira de Airas Moniz: "A característica e a untuosidade, a cremosidade, e unha intensidade en boca na que se poden apreciar moitísimos matices durante un tempo bastante longo"

Airas Moniz naceu para recuperar tradicións, facer algo distinto e engadir valor á contorna.

Ana Vázquez, queixeira de Airas Moniz: "Poñer en valor o medio en que estamos, o medio rural, pero non só o medio rural, tamén a contorna, o patrimonio medioambiental, cultural...".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/04/2019