CRTVG

Buscar

Un psicólogo di que Gabriel tiña medo de Ana Julia

Publicado o 10/09/2019 14:50

Os pais de Gabriel, Patricia Ramírez e Ángel Cruz, prestarán declaración esta tarde a porta pechada. Ante a expectación mediática que despertou o xuízo, para o que se acreditaron 150 xornalistas, solicitaron amparo para preservar os seus dereitos como vítimas, e pediron respecto á memoria de Gabriel e á intimidade, ao honor e á integridadade da familia. Tamén está previsto que a avoa do neno declare pola tarde.

Esta mañá, despois de Ana Julia Quezada, declarou o psicólogo de Patricia Ramírez. Segundo dixo, semanas antes da desaparición do neno, a nai expresoulle a súa preocupación polo seu comportamento cando volvía de pasar uns días co pai e con Ana Julia, sobre todo cando pasaba máis tempo só con ela.

Tamén declaraou a filla da acusada, por videoconfencia, e dixo que nunca sospeitou da súa nai. A moza non quixo ver a imaxe na pantalla de Ana Julia Quezada, e sinalou que desde que sabe que matou a Gabriel non volveu falar con ela, malia que a chamou desde a cadea.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/09/2019