CRTVG

Buscar

Un proxecto educativo dunha mestra de Ferrol é incluído nun 'best seller' sobre implicar a familia na aprendizaxe

Publicado o 13/11/2020 13:34

Teresa Caramés leva 30 anos na docencia e hai 12 decidiu mudar a súa metodoloxía tras escoitar a conferencia dunha prestixiosa pedagoga. Nas súas clases de matemáticas e plástica adoita haber música, trabállase de xeito cooperativo, e desenvolven actividades innovadoras e atractivas coas que os alumnos aprenden e aplican os conceptos teóricos.

Precisamente o proxecto que desenvolveu cos alumnos de 3º da ESO o curso pasado sobre a familia, foi elixido para incluílo nun libro cos traballos doutros 26 mestres que se converteu xa nun best-séller sobre como involucrar a familia na aprendizaxe dos fillos. Os alumnos tiñan que crear un produto alimenticio denominado 'familia', con envase, etiquetado e empaquetado.

Este ano desenvolve cos alumnos de plástica de 3º da ESO o proxecto 'A escola da COVID'. Plasman nos seus traballos como viven esta nova situación. E así valoran a metodoloxía da materia.

Os fondos recadados coa venda do libro 'Escola e famila: misión imposible' van destinado á ONG OASIS que traballa a prol da infancia. E Teresa anima outros mestres a reproducir os proxectos e incorporalos á súa aula.

Noticias web

13/11/2020