CRTVG

Buscar

Un proxecto da Xunta e do Porto de Vigo busca a autosuficiencia enerxética das Cíes e Ons

Publicado o 20/05/2019 15:19

En tres anos, a enerxía que se consuma nas Cíes non emitirá practicamente emisións de CO2 á atmosfera.
No proxecto a Xunta de Galicia inviste 2 millóns de euros. 

O obxectivo é aproveitar todos os recursos naturais que ofrecen as illas para crear un sistema sostible capaz de cubrir a demanda de auga e enerxía no arquipélago. Así, os dez xeradores que proporcionan a electricidade e a auga potable funcionarán con gas natural licuado. Tamén se instalarán paneis solares.

O proxecto Tutanis, deseñado polo Porto de Vigo, persegue a autosuficiencia enerxética das Illas Cíes e Ons. A Xunta de Galicia lidera o proxecto e o considérao un paso imprescindible para a declaración do parque nacional Patrimonio da Humanidade.

Cun investimento de dous millóns de euros, o proxecto será unha realidade en 2022 cando o arquipélago reduza case na súa totalidade as emisións de carbono.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/05/2019