CRTVG

Buscar

Un programa sobre o Camiño de Santiago, líder de audiencia na televisión coreana

Publicado o 21/05/2019 21:28

A internacionalización do Camiño de Santiago hai anos que é un feito. Chegan peregrinos de todas as partes do mundo. Abofé que si. Pero saiban que se hai unha nacionalidade que supera de sobra o número de camiñantes esa é a coreana. Por que? escoiten...

A razón pode estar detrás dun reality show da televisión coreana en que os integrantes dun afamado grupo de música fan o Camiño de Santiago. O programa bateu todos os récords de audiencia.

A mosca da tele xa nos pon na pista. Non estamos na Galega, estes mozos, músicos dunha banda coreana de k- Pop puxeron de moda o Camiño de Santiago no seu país a base de anécdotas e de paisaxe: da nosa paisaxe e dos nosos costumes. Tanto gustou que lles saíron imitadores.

Outras razóns, cóntanos, sería o libro de Paulo Coelho, Diario de un mago e, sobre todo, a relixión católica.

Tanto para os católicos como para os que non o son, a chegada ao Obradoiro non decepciona. Esta parella ve cumprido o seu soño: celebrar os 40 anos de casados aquí. Nos máis deles a satisfacción é coral.

Toca despois descansar, nos albergues os peregrinos coreanos son hóspedes frecuentes. E isto, semella, é só o comezo. Nestes momentos a televisión coreana xa emite outro programa sobre o Camiño. Desta volta céntrase nos albergues e na gastronomía.




















 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/05/2019