CRTVG

Buscar

Un programa de cribado para previr o cancro de pulmón reduce nun 25% a mortalidade

Publicado o 13/06/2019 16:46

Os especialistas en enfermidades respiratorias queren que se universalice un programa de cribado para a detección precoz do cancro de pulmón, o que máis mortes causa en España. Máis dun 25 % dos falecementos poderían evitarse coa introdución dese cribado, segundo o último grande estudo realizado en Europa.

Provoca máis mortes que o cancro de mama, o de colon e o de próstata xuntos, en gran parte debido a que máis da metade dos casos son diagnosticados en estadios avanzados. Por iso a detección precoz do cancro de pulmón é fundamental para reducir a mortaldade. Especialistas en patoloxía respiratoria reunidos en Santiago avogan pola implantación dun programa de cribado.

Apóianse nun estudo aínda inédito realizado en Holanda ao longo dos últimos anos. Os resultados, din, son históricos.

Persoas fumadoras de entre 40 e 50 anos ás que se sumarían pacientes doutras doenzas respiratorias serían o censo deste programa que, segundo defenden, o sistema sanitario público español está en disposición de introducir. Agora traballan a concreción da súa proposta para impulsala ante as administracións.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2019