CRTVG

Buscar

Un profesor pontevedrés crea un método para adestrar o cerebro na resolución de dúbidas da escrita

Publicado o 13/07/2021 21:01

Escribir correctamente é unha das grandes pelexas dos estudantes e tamén da idade adulta. Pois ben, hoxe coñecemos o método que desenvolveu un pedagogo pontevedrés para adestrar o cerebro na resolución das dúbidas ortográficas.

Na súa experiencia, un profesor e pedagogo pontevedrés constatou que as faltas de ortografía non dependen tanto dos hábitos de lectura e do nivel académico como de ter unha intelixencia máis ou menos visual. O seu sistema básease en dotar de contido esas letras que presentan maiores dificultades.

O punto de partida son 300 palabras que se gravan na memoria, asegura, tal e como se presentan, de cinco en cinco. De momento, o método está dispoñible para o castelán pero o seu creador afirma que é moi doado aplicalo a calquera lingua para falantes de todas as idades.

 

Noticias web

13/07/2021