CRTVG

Buscar

Un profesor de Ourense pide responsabilidade tras pasar 42 días na UCI, 20 intubado pola Covid-19

Publicado o 22/05/2020 14:23

Felipe Balboa xa está por fin na casa cos seus, despois de 48 días ingresado no hospital de Ourense pola Covid-19, 42 deles pasounos na UCI, 20 intubado e mesmo sedado. Ten 49 anos e neste tempo perdeu case 20 quilos, psicomotricidade e ten algunha secuela no pulmón, pero atópase con enerxía. Superou a enfermidade e quere poñer en valor sobre todo o labor de todo o persoal sanitario.

A toda a xente nesta fase de desescalada que estamos a vivir pídenos sentidiño, que non banalicemos a enfermidade.

 

Noticias web

22/05/2020