CRTVG

Buscar

Un preso provoca un incendio no módulo de illamento do cárcere de Teixeiro

Publicado o 08/05/2019 20:02

• Dous funcionarios arriscáronse no medio do fume para evacuar os internos afectados polo lume

Un preso provoca un incendio no módulo de illamento do cárcere de Teixeiro

O incendio produciuse á última hora da tarde deste martes no módulo de illamento da prisión de Teixeiro, que acolle os presos máis perigosos do penal.

Segundo parece, foi un dos internos o que causou o lume. Os funcionarios, confirma Institucións Penitenciarias, a través das cámaras de seguridade, comprobaron que había fume no módulo e dous deles procederon a colocar os traxes contraincendios para ir no auxilio dos prisioneiros.

No medio do fume, acudiron evacuar os internos. Abriron todas as celas e os prisioneiros puideron saír ao patio. Nese momento había seis prisioneiros en illamento, e no reconto comprobaron que faltaba un. Os dous funcionarios volveron internarse no medio do fume para tratar de localizalo. Deron con el e axúdarono a saír, xa afectado pola respiración do aire contaminado. Foi trasladado á enfermería do cárcere, onde permanece en observación. Mentres, o resto dos internos, entre aplausos e berros, agradecían o traballo dos funcionarios.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí