CRTVG

Buscar

Un preso do cárcere da Lama agrede a dous funcionarios

Publicado o 28/09/2019 19:12

Novo episodio violento no cárcere pontevedrés da Lama. Un interno agrediu a dous funcionarios deste centro penitenciario. Os dous traballadores quedaron feridos nun altercado cun preso de primeiro grao que, segundo apuntan os sindicatos penitenciarios, tentou esganar a un dos funcionarios, que presenta feridas no pescozo. Nese incidente, o interno tamén golpeou ao outro traballador nas costelas, causándolle lesións importantes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/09/2019