CRTVG

Buscar

Un preso de Teixeiro, o primeiro interno coa covid-19 en Galicia

Publicado o 01/09/2020 18:27
Un preso de Teixeiro, o primeiro interno coa covid-19 en Galicia

Un preso do centro penal de Teixeiro, en Curtis, permanece en corentena tras dar positivo por coronavirus despois dun permiso, sendo o primeiro interno co virus en Galicia, informan fontes de Institucións Penitenciarias. O interno, que tiña un terceiro grao que lle foi revogado, contraeu o virus fóra do centro. 

Institucións Penintenciarias asegura que ante a sospeita de que tivera contacto cun positivo fóra da prisión, ao ingresar na mesma foi illado "inmediatamente" e pediuse que fose sometido a unha proba PCR, sendo o resultado positivo. O resultado da proba foi coñecido esta mesma tarde e o paciente está sen síntomas e permanece en corentena. As mesmas fontes confirmaron que non tivo contacto con outros internos, dado que se atopa illado desde a súa chegada ao saberse o contacto.