CRTVG

Buscar

Un preso agride cinco funcionarios durante un cacheo na prisión da Lama

Publicado o 15/02/2021 14:05

Uns 70 reclusos estaban no patio do cárcere da Lama cando unha ducia de funcionarios procedían a realizar un cacheo rutineiro. Un dos presos reaccionou violentamente, agredindo un dos traballadores.

Os cinco funcionarios que interviñeron para reducir ao preso sufriron feridas de diversa consideración. Aseguran que estes episodios son frecuentes e evidencian a escaseza de recursos humanos e materiais e a falta de formación axeitada.

A raíz deste suceso os funcionarios de prisión volven alzar a voz para esixir seren considerados axentes de autoridade e que as agresións non queden impunes.

Fontes sindicais cifran en 60 as vacantes existentes actualmente no cadro de persoal da prisión.

Noticias web

15/02/2021