CRTVG

Buscar

Un positivo por covid-19 no Deportivo obriga a suspender os adestramentos

Publicado o 22/09/2020 21:04

O Deportivo tivo que deter hoxe a súa actividade tras detectarse un caso positivo por covid-19 entre os seus futbolistas. O club coruñés non confirmou a identidade do positivo, pero o xogador xa está illado.

Mañá, o resto de futbolistas e o corpo técnico terán que pasar novas PCR. E o partido amigable que o Deportivo tiña que disputar mañá ante o Estradense xa foi suspendido.

Noticias web

22/09/2020