CRTVG

Buscar

Un positivo por coronavirus no Teucro pon en corentena varios xogadores

Publicado o 11/01/2021 21:15

Malas novas no Teucro, o equipo pontevedrés confirmou esta tarde un positivo por coronavirus entre os seus xogadores. Como medida preventiva quedou cancelado o adestramento e varios xogadores están confinados por ser considerados contactos estreitos.

O Teucro confirma que todos, incluíndo o xogador positivo en covid, se atopan ben, sen mostrar síntomas da enfermidade.

Noticias web

11/01/2021