Un positivo por coronavirus e dous mancados no Obradoiro
Publicado o 29/12/2020 14:46
En baloncesto, malas novas no Obradoiro. Detectouse un caso positivo de coronavirus. Esta tarde farán novas probas PCR. E ademais mancáronse Rafa García e Álvaro Muñoz. Únense así ás baixas de Pepe Pozas e Kartal Ozmizrak.
Os dous lesionáronse ante o Murcia. Rafa García foi operado de urxencia onte pola rotura de dous dedos da man dereita. Estará oito semanas de baixa. Mancouse na primeira xogada do partido, aínda que continuou disputando o resto do encontro.
Álvaro Muñoz sufriu unha escordadura no nocello dereito. O período de baixa dependerá da súa evolución.