Un positivo obriga a pechar o comedor a 165 alumnos dun colexio de Vimianzo
Publicado o 04/02/2021 14:35

Tras dar positivo unha das oito colaboradoras do comedor, todas elas foron postas en corentena. Tamén a encargada do propio comedor e unha coidadora. En total, 10 persoas.
Así que ante a imposibilidade de prestar o servizo, desde a dirección deste colexio, o CEIP plurilingüe San Vicenzo de Vimianzo, informáronos de que decidiran pechalo. Unha medida que, polo momento, non saben cando poderán reactivar e que afecta 165 alumnos.
Amais, tamén segundo a dirección, neste centro educativo hai outros 4 casos activos: dous alumnos de infantil e outros dous de primaria. E hai dúas clases de infantil confinadas.