CRTVG

Buscar

Ningún positivo máis no Deportivo tras os resultados das probas PCR

Publicado o 05/01/2021 11:55

• Esta tarde xogarase o Deportivo-Alavés da Copa

Ningún positivo máis no Deportivo tras os resultados das probas  PCR

O Deportivo preséntase en Riazor sen poder adestrar onte martes debido a un positivo por coronavirus detectado nas probas PCR realizadas o pasado luns na Cidade Deportiva.

O futbolista, que non presenta síntomas, foi illado inmediatamente. Comunicado xa a saúde pública da Xunta de Galicia para que active tamén os seus procedementos, continuará en situación de illamento e todos os seus compañeiros de vestiario e técnicos realizaron novos tests onte mesmo, resultando todos negativos.