CRTVG

Buscar

Un positivo no Amarelle obriga a adiar de novo o partido co Leganés

Publicado o 19/03/2021 21:25
Un positivo no Amarelle obriga a adiar de novo o partido co Leganés


E en fútbol sala segundo confinamento no Viaxes Amarelle por un positivo. A xogadora tópase ben, con síntomas leves. O conxunto coruñés ía xogar mañá o partido adiado da duodécima xornada ante o Leganés que tivo que volver a aprazarse. É probable que tamén se suspenda a primeira xornada da segunda fase, xa que a corentena de dez días non se levantaría ata o próximo día 28.

Noticias web

19/03/2021