CRTVG

Buscar

Un pique entre condutores, posible causa do accidente deste mércores na Coruña

Publicado o 14/10/2021 14:57

A Policía Local da Coruña continúa investigando o aparatoso accidente ocorrido este mércores na Ronda de Outeiro mentres que os veciños non saen do seu asombro.

Segundo fontes próximas á investigación, dous vehículos, que viñan picados xa desde Alfonso Molina, baixaban pola Ronda de Outeiro e, nun momento dado, un deles arremeteu contra o outro que caeu ao baleiro desde unha altura de máis de sete metros.

Quedaron feridos os dous ocupantes do vehículo que se precipitou. O condutor do outro coche implicado acabou batendo contra este valo publicitario e, fuxiu a pé, deixando a seu pai no interior do coche.

Simultaneamente e a escasos metros, outros dous coches chocaron sen grandes consecuencias. Porén un dos condutores fuxiu no seu propio vehículo. A policía xa o identificou.

Noticias web

14/10/2021