Un porco bravo entra na comisaría da Policía Local de Ferrol
O vídeo do xabaril na Policía Local déixanos ver como o animal está dentro do patio da comisaría. Unha situación nada habitual dun xabaril dunhas dimensións considerables que decidiu facer un breve percorrido pola chaira que rodea o cuartel. Foron varios os axentes que se decataron da súa presenza. Malia ao intento dun axente por impedir a súa saída polo portal principal, o xabaril consegue fuxir. Estas imaxes convertéronse en pouco tempo nunhas das máis vistas nas redes sociais. O porco bravo emprendeu a fuxida e non foi posible a súa localización.
A presenza de xabarís xa non se limita á zona rural e as visitas a San Felipe ou á Graña, onde se viron grupos de numerosos exemplares polas rúas e na praia. Parece que esas zonas deixaron paso a un interese dos porcos salvaxes por ampliar horizontes.
O aparcadoiro do Decathlon, as rúas da Gándara ou o barrio de Caranza foron outros puntos onde en menos dun ano se puideron ver e tamén gravar estas visitas, que chegan agora ata o centro de Ferrol, co consecuente perigo que pode supoñer.
Noutras gravacións que se subiron á Rede pódese ver un exemplar de gran tamaño en plena rúa Real, pola zona de Capitanía, que ao verse acurralado por varios vehículos toma a rúa San Diego para deixar o centro da cidade.