CRTVG

Buscar

Un polícia logra reanimar un peregrino en Palas de Rei

Publicado o 26/07/2019 15:43

Outro final ben distinto para un suceso semellante aconteceu nun restaurante de Palas de Rei, en Lugo. Alí, un policía fóra de servizo salvou un peregrino que caeu tras quedar sen respiración. O axente, xunto con outras dúas persoas, realizáronlle manobras de reanimación ata que o home volveu en si.

Guzman Solmo, este policía nacional de Lugo, cóntanos como foi a súa última intervención de urxencia, malia que non tivo que ver co seu traballo. Estaba fóra de servizo comendo cuns amigos cando os berros da xente o puxeron en alerta. Todo aconteceu neste céntrico restaurante de Palas de Rei. Foi aquí onde un peregrino de Ciudad Real se sentiu indisposto e acabou caendo e sen respiración.

A súa rápida intervención conseguiu salvarlle a vida ao peregrino, que despois foi trasladado polo 061 e do que non volveu a saber máis. Este axente sinala que as forzas de seguirdade están preparadas para este tipo de intervencións, pero lembra que a axuda de calquera persoa é fundamental neste tipo de sucesos.

O peregrino presentaba unha cor amarelenta e logo negra que puxo a todos en alerta. O axente, coa axuda doutras dúas persoas, moveron o home e realizáronlle diversas manobras para poñelo nunha posición segura e conseguir reanimalo. Unha lipotimia, un amago de infarto ou un corte de dixestión son as causas que puideron estar detrás deste suceso.

A súa rápida intervención conseguiu salvarlle a vida ao peregrino, que despois foi trasladado polo 061 e do que non volveu a saber máis. Este axente sinala que as forzas de seguirdade están preparadas para este tipo de intervencións, pero lembra que a axuda de calquera persoa é fundamental neste tipo de sucesos.

Noticias web

26/07/2019