CRTVG

Buscar

Un policía local pagará unha multa de 900 euros por un atropelo mortal

Publicado o 08/10/2019 12:04

Na Audiencia Provincial de Lugo quedou visto para sentenza o xuízo a un policía local acusado de homicidio imprudente polo atropelo mortal a unha muller nun paso de peóns.

O axente enfrontábase a unha petición de dous anos de cárcere, pero finalmente pagará unha multa de 900 euros tras chegar a un acordo as partes e recoñecer os feitos. O atropelo mortal produciuse cando o axente manobraba marcha atrás o furgón policial, o vehículo impactou coa muller, que morría a consecuencia das graves lesións.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/10/2019