CRTVG

Buscar

Un policía fóra de servizo reduce un ladrón que tentou agredilo cun coitelo

Publicado o 09/12/2020 15:07

Un policía logrou bloquear un ladrón que tentou roubarlle o coche armado cun coitelo.

As imaxes dunha cámara de seguridade captaron o momento en que o policía se lanzaba enriba do ladrón contra o chan. Un momento tenso xa que o ladrón estaba armado, e o axente tivo que esquivar as picadas do coitelo na súa cara.

"Conseguín pararlle os golpes, esquivalos, nun deles si me alcanzou na fronte, teño un pequeno corte", di o policía.

Todo comezaba cando o axente para o seu coche diante o colector para botar o lixo. Ese instante foi aproveitado polo ladrón para facerse co vehículo, pero o policía logrou interceptalo. A pesar de que o axente se identifica, isto non frea o ladrón na súa agresión, forcexan e o axente logra zafarse, comeza a persecución baixo ameazas de morte.

"Alterouse e veuse cara min co coitelo. A miña reacción é intentar afastarme del, pero el perségueme co coitelo dicíndome que me vai matar".

O agresor é un vello coñecido da policía. Cumpriu condena por varios atracos con pistola e un secuestro, e ao parecer acababa de saír do cárcere.

"Mal acontecemento, intentar volver á normalidade o antes posible".

O axente agradece o apoio dos seus compañeiros e superiores.

Noticias web

09/12/2020