CRTVG

Buscar

Un policía e os tres supostos terroristas morren nun ataque en Tunisia

Publicado o 06/09/2020 16:36

Un axente da Polícía morto, outro ferido e os tres supostos terroristas que os atacaron abatidos é o resultado dun ataque contra os xendarmes na localidade turística de Susa, onde xa se rexistrou unha matanza de turistas en 2015.

Os tres atacantes atropelaron primeiro e despois acoitelaron dous axentes da Garda Nacional nunha rotonda do distrito turístico de Port El Kantaui. Un dos policías morreu e o outro está gravemente ferido nunha acción que aínda non asumiu ningunha organización. En xuño de 2015 un terrorista de Estado islámico matou aquí 38 turistas, a maioría británicos que estaban nun hotel español.

Os asaltantes despois de atacaren os policías quitáronlles as armas e escaparon da zona. Pero foron abatidos a tiros tras unha persecución nunha localidade próxima.

Noticias web

06/09/2020