Un pleno ao 15 na Quiniela deixa 2,4 millóns en Feces de Abaixo
Publicado o 12/11/2019 20:13
Pleno ao 15 en Feces de Abaixo. Hoxe era un ir e vir de xente na administración Don Pepe, que selou a quiniela gañadora. E todos gardaban aínda a esperanza de ser o novo bimillonario.
Quen é o portador da quiniela que acertou os quince partidos da Liga disputados a semana pasada é polo de agora un misterio. Como a administración está na fronteira teñen moitos clientes de concellos lindeiros e de Portugal.
Ademais deste, houbo tres totalistas máis en toda España que se repartiron o bote de dez millóns de euros.
Esta administración de Feces de Abaixo dera cartos, pero nunca tantos. Máis clientes de seguro lle vai traer este premio.