CRTVG

Buscar

Un pescador rescata un compañeiro que caera ao mar no Grove

Publicado o 07/10/2019 14:29

Esta mañá no porto do Grove non se falaba doutra cousa. Os mariñeiros interesábanse por saber como acabara Guillermo tendo que ser auxiliado nunha das bateas próximas á illa da Toxa. Todo comezou contra as nove da noite.

"Esvarei e caín ao mar. Intentei coller a embarcación pero non o conseguín así que fun ata a batea. O primeiro que fixen foi sacar a roupa mollada que tiña e intentar entrar en calor".

A persoa que o rescatou foi Antonio, un mariñeiro que estaba pescando, e que o viu cando regresaba ao porto, unha hora máis tarde dende o ocorrido.

Antes de ser rescatado, os seus berros xa os escoitaran en terra, polo que ao lugar desprazáronse Protección Civil, Policía Local e urxencias sanitarias. Mesmo se mobilizou o helicóptero Pesca 1, pero finalmente non foi preciso que se desprazara ao lugar. Unha vez en terra, non precisou asistencia médica.

Xa recuperado deste susto, recórdao como unha anécdota que contar, que nin sequera lle impediu volver a traballar hoxe.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/10/2019