CRTVG

Buscar

Un pequeno tornado causou estragos na comarca de Ferrolterra

Publicado o 13/01/2018 10:08

E as imaxes que nos deixa hoxe, 20 anos despois, o temporal en Ferrol son as dun tornado, semellante ao que vimos estes días en Sanxenxo. A forza do vento tronzou ou arrincou de raíz árbores de tamaño considerable. Causou tamén danos en tellados e outras estruturas, como a cuberta dun grande invernadoiro agrícola. Os afectados, sorprendidos aínda polo impacto dun fenomeno tan inusual, contan que sentiron un ruído de tipo metálico moi intenso que durou apenas dous minutos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/01/2018