CRTVG

Buscar

O Racing remonta na Malata e logra a primeira vitoria da temporada

Publicado o 11/09/2021 19:12

Primeira vitoria do Racing na nova Primeira Federación. Logo da derrota na estrea ante Unionistas e o empate en Lezama contra o filial do Athletic, os de Cristobal Parralo foron quen de lograr os tres primeiros puntos da temporada.

E iso que o Valladolid Promesas adiantouse cedo no marcador grazas a un tanto de Paulo Vitor, pero o Racing fixo valer a súa condición de local e acabou gañando o partido.

Primeiro empataría Dani Nieto despois dun disparo que bateu nun defensor visitante e xa no minuto 71 David Rodríguez aproveitaba un penalti cometido sobre Manzanara para marcar o 2-1 definitivo.

Noticias web

11/09/2021