CRTVG

Buscar

Un pasaxeiro sacou unha foto co secuestrador do avión

Publicado o 30/03/2016 14:01

Segundo explicou o viaxeiro, pensou que se ao final ían estoupar de todos os xeitos, non tiña nada que perder

Un pasaxeiro sacou unha foto co secuestrador do avión

Neste mundo obsesionado polas redes sociais, e por colgar en Internet a foto do almorzo, ou informar os seguidores de que vas ao baño, deixar pasar o momento de estar secuestrado sen inmortalizalo pareceulle imperdoable a un dos pasaxeiros do avión de Exipto.

Benjamin Innes, británico, un dos cinco últimos reféns que quedaban a bordo, pediulle a un membro da tripulación que lle fixese unha foto co secuestrador. E este aceptou. Segundo explicou o viaxeiro, pensou que se ao final ían estoupar de todos os xeitos, non tiña nada que perder, e así de paso podía botarlle un ollo máis de preto ao suposto cinto de explosivos, que ao final acabou sendo falso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
flone23 #1
30/03/2016 15:43:59
gustame o seu cinto :P tolemia total ...hilarious British bloke! LOL

Noticias web

30/03/2016