CRTVG

Buscar

Un Parrulo moi minguado cae ante o Palma

Publicado o 05/01/2019 16:44

O Parrulo afrontou o partido contra o Palma con seis xogadores de campo do primeiro equipo, os dous porteiros e tres rapaces do filial: Miguel Caeiro, que xa xogara a xornada pasada, e Raúl e Costi que debutaron en partido de liga. O Palma resultou moi máis efectivo. Catela, Paradynski e Mati Rosa aproveitaron as súas oportunidades para marchar 0-3 ao descanso mentres que os departamentais erraron ocasións claras. No segundo tempo, máis do mesmo. Diego Ríos intentouno con porteiro xogador, Mati Rosa fixo o 0-4 e Attos acadou o tanto da honra no 35. O Parrulo segue con 13 puntos, cinco sobre o descenso e agarda algún reforzo no mercado de inverno.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/01/2019