CRTVG

Buscar

'Un parque para todos' promove a integración social e a protección do medio ambiente

Publicado o 22/01/2021 15:13

Voluntarios de dúas asociacións sociais coidarán este ano do Parque Nacional das Illas Atlánticas. O programa Un parque para todos suma os obxectivos de integración social e protección medioambiental.

Os 50 voluntarios farán labores de roza de camiños, limpeza de praias e tamén colaborarán cos guías. A conselleira de Medio Ambiente di que o proxecto beneficia o patrimonio natural e favorece a integración.

Noticias web

22/01/2021