CRTVG

Buscar

Un parcial de 0-23 no primeiro cuarto arruína a estrea do Leyma Coruña

Publicado o 24/10/2020 19:23

O Leyma Coruña perdeu no seu primeiro partido da temporada por 67-80 diante do Valladolid. O partido estivo marcado polo parcial no primeiro cuarto de 0-23 a prol dos visitantes. Foron oito minutos sen anotar aos que se lle engadiu o acerto en ataque do equipo pucelano que soubo manexar esa vantaxe o resto do encontro (22-47 no descanso). 

No comezo do último cuarto Leyma conseguiu poñerse a 15 puntos pero a reacción non pasou de aí. Aparte da derrota o Básquet Coruña perdeu o seu pivot Mouhamed Barro por unha lesión no xeonllo. 

Noticias web

24/10/2020

Máis sobre actualidade