CRTVG

Buscar

Bos días

Un paquete bomba estoupa na sede da empresa española responsable do escrutinio das eleccións arxentinas

Publicado o 11/08/2017 09:48

Un paquete bomba estoupou este xoves en Bos Aires deixando dous feridos.
Ocorreu na sede da empresa española Indra, encargada de realizar o escrutinio provisional nos comicios parciais que afrontará A Arxentina este domingo.

Pasadas as catro da tarde deste xoves, hora local arxentina, un paquete bomba de pequeno alcance estourou na sede que a empresa española Indra ten en Bos Aires, deixando dous feridos que xa están fóra de perigo.

O suceso causou grande expectación na Arxentina porque Indra será a compañía encargada de facer o reconto de votos provisional nas eleccións primarias lexislativas que vivirá o país este domingo.

Efectivos policiais desprazáronse rápidamente ó lugar para recoller probas na quinta planta deste edificio de oficinas situado no luxoso barrio porteño de Puerto Madero.

A explosión causou danos materiais e traumatismos e queimaduras en dous traballadores da compañía que foron rápidamente trasladados a un hospital próximo. Un deles xa foi dado de alta.

"A moza que quedou ferida, ao igual que o mozo que estaba no lugar, a pesar da desgraza que lles tocou, tamén tiveron sorte porque pola gran cantidade de perdigóns que había no lugar dos feitos puido ser fatal".

Indra é a compañía de sistemas informáticos que se encargará do escrutinio provisional nas eleccións primarias lexislativas que celebrará A Arxentina este domingo, polo que o suceso causou alarma e agárdase un reforzo na seguridade dos comicios.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

11/08/2017