CRTVG

Buscar

Un padexeiro de Lalín tamén usa a escavadora a xeito de escarvadentes

Publicado o 28/10/2020 14:11

"Con seis anos xa as movía. Non executaba traballos, pero como había pas na casa, movíaas dun lado para outro".

Daniel vai facer 29 anos e case a metade deles traballando nisto. Esta mañá vímolo abrindo coa súa escavadora unha gabia en Lalín. Mentres, nas redes sociais seguía a subir o visonado, varios miles en poucas horas, do vídeo sobre un reto que lle reenviaron uns amigos: picar unha oliva nun garfo suxeito á escavadora. E el foi máis alá superado o punto crítico do reto.

Daniel Taboada Vilariño, padexeiro e camioneiro relata baixo a imaxe do vídeo co seu reto: "Xusto no momento en que intentas introducir o garfo na oliva, que tanto podes estar cinco milímetros antes ou despois. É complicado de apreciar a esa distancia.
-Á parte de ser un habilidoso coa máquina tamén fai falta boa vista, non?
-Eu case diría que é máis fundamental que o manexo da máquina.
-Que opinión che merece a persoa que se presta a recibir unha oliva dese xeito?
-É unha persoa marabillosa e como se pode ver no vídeo ten unha confianza en min cen por cento".

Ao pé do seu elemento de traballo, Daniel di que ten feito outros de precisión coa súa máquina pesada e quítalle importancia ao se manexo da escavadora.

Daniel Taboada Vilariño afirma: "Calquera compañeiro da miña profesión supoño que o fai igual" e conta que "cando facemos algunha comida entre amigos ou iso, acabamos facendo algunha carallada; abrindo cervexas, ou escribimos o nome...unha serie de cousas que facemos normalmente.

"Un día nunha comida que me apostaron que non daba cortado unha torta. Daquela puxen o cazo de limpeza, aquel que está alí, e cortei unha torta. E saíu bastante ben. Pero eu creo que estas cousas saen sen planealas, improvisadas.

Cóntanos que está agardando a chegada dunha máquina nova nos próximos días.

Noticias web

28/10/2020