CRTVG

Buscar

Un ovo de chocolate de 15 kg a prol dos enfermos de cancro infantil

Publicado o 15/04/2019 21:28

Quince quilos de chocolate en forma de ovo de Pascua que representan o perfil urbano da Coruña desde o paseo marítimo ata a Torre de Hércules.

O ovo saíu do obradoiro deste mestre pasteleiro, pero a idea partiu do seu amigo Tito, xefe de cociña do hotel Finisterre da cidade, profesional implicado coa ética, a sustentabilidade e a solidariedade.

Na recepción do hotel pode visitarse e a través das redes sociais poden poxar por el. Os fondos que se recaden irán destinados a Asanog, asociación de axuda a nenos oncolóxicos de Galicia.

O seu prezo de saída foron 150 euros, que xa se duplicaron. Cando remate a semana agardan poder acadar unha cifra moito máis elevada. Todo por unha boa causa.


 

Noticias web

15/04/2019