CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Un ourive galego fixo o cáliz papal

Publicado o 12/09/2015 14:57

Unha iniciativa do orfebre Adrián Pallarols que agarda deixar testemuña da próxima xira norteamericana do pontífice

O novo cáliz que lucirá o Papa Francisco durante a súa xira norteamericana é obra dun ourive con sangue galego. Adrián Pallarols, arxentino de nacemento e galego de corazón, foi o encargado de darlle forma a este vaso sagrado cargado de simboloxía. Gramo a gramo, milleiros de fieis doaron os anaquiños de prata que conforman o novo cáliz do Papa Francisco.

Unha iniciativa do orfebre Adrián Pallarols que agarda deixar testemuña da próxima xira norteamericana do pontífice.

Adrián Pallarols, orfebre do Papa di: "Yo lo que quería era generar un proyecto en el que la gente, al modo que el Papa Francisco sabe manejarse, pudiera participar, pudiera sentirse involucrada e incluida".

O cáliz está cargado de simboloxía, cun pé que representa a fachada da Catedral neoyorquina de San Patricio ou unhas cores que relacionan ó Papa coas cidades polas que viaxará.

Adrián Pallarols, orfebre do Papa di: "Rojo, blanco y azul son los colores de la bandeja de Estados Unidos. Pero rojo, blanco y azul son los colores de la virgen Desatanudos que es la devoción del Papa Francisco".

Pallarols descende dunha longa estirpe de artesáns e polas súas veas corre tamén sangue galego. Concretamente de Cuntis, de onde eran súa avoa e bisavoa. Adrián Pallarols, orfebre di: "Para mí Galicia es mi casa" De Galicia recorda o calor da lareira e da súa xente, polo que agarda, nun futuro, ver algunha das súas obras na Catedral de Santiago. Despois de dous meses de intenso e coidadoso traballo, xa está listo o cáliz que lucirá o Papa na súa xira por Estados Unidos. Será o propio Pallarols quen o levará a terras norteamericanas o vindeiro 16 de setembro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí