CRTVG

Buscar

Un ourensán, o mellor graduado en Deseño de España

Publicado o 28/10/2020 20:56

Javier fala de sorte, pero o certo é que a sociedade Española de excelencia académica tivo en conta algunha cousa máis: o expediente académico, certificacións anteriores, idiomas, voluntariado, outras formacións...

Unha amálgama de méritos que o subiron ata o primeiro posto da clasificación dos mellores graduados en Deseño de España.

Decidiu presentarse ao tempo que desenvolvía o seu traballo de fin de grao e foi a través dese proxecto que conseguiu ademais unha bolsa para traballar en Martorell, no departamento de deseño da SEAT.

Alí marcha o próximo mes de febreiro co seu proxecto baixo o brazo. Despois di, quen sabe, que o que máis lle gustaría é poder traballar en Galicia.

Reteñan o seu deseño na súa retina, se todo vai ben podería ser unha realidade alá polo 2030. E detrás estará un mozo ourensán que non se cansa de aprender nin de mellorar todo canto cae nas súas mans.

Noticias web

28/10/2020