CRTVG

Buscar

Un ourensán de 52 anos falece nun accidente de escalada nos Picos de Europa

Publicado o 19/08/2021 21:38
Un ourensán de 52 anos falece nun accidente de escalada nos Picos de Europa

Un ourensán de 52 anos faleceu nun accidente de escalada nos Picos de Europa.

O operativo de montaña da Garda Civil rescatouno ferido grave tras caer por unha ladeira de máis de 30 metros, e trasladouno ao Hospital Central de Asturias, onde finalmente morreu.

O home estaba acompañado por unha muller de 48 anos e unha nena menor de idade. As dúas están ilesas; non estaban escalando no momento do accidente.

 

Noticias web

19/08/2021