CRTVG

Buscar

Loito en Sober polo asasinato machista dunha veciña do concello en Madrid

Publicado o 09/03/2019 19:22

• A muller vivía desde hai anos na capital de España

• Non constaban denuncias previas por malos tratos

Loito en Sober polo asasinato machista dunha veciña do concello en Madrid

A muller asasinada no barrio madrileño de Cidade Lineal, Estrella Domínguez, era natural do concello lugués de Sober, onde decretaron dous días de loito pola morte da súa veciña. Estrella, de 63 anos, vivía desde hai tempo na capital de España pero volvía con frecuencia a súa vila natal.

O seu home, duns 80 anos, matou presuntamente súa muller nunha vivenda do distrito madrileño de San Blas-Canillejas. A Policía Nacional investiga o caso como un novo crime de violencia machista. O seu home, duns 80 anos, primeiro a mataría dun tiro de escopeta e despois se suicidou coa mesma arma.  

Os policías acudiron alertados polos veciños que escoitaron disparos atopándose os corpos da muller e o home no dormitorio. Non constan denuncias previas por malos tratos.


Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/03/2019